XX CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL DA A.X. XIRADELA

O 14 de Abril celebrouse o XX Concurso de Música Tradicional da A.X. Xiradela no auditorio do Centro Cívico de Arteixo. Participaron os grupos de Trasín e Alborelle, este último volveu a acadar outro merecido premio, desta volta un segundo posto na categoría A de pandeireteiras.
Parabéns artistas!

 

II FOLIADA DE DONAIRE

No Parque de Eirís de A Coruña, o sábado 6 de abril, as rapazas dos grupos Trasín e Alborelle participaron na II Foliada con Donaire. Bravo pequenas!

CONCERTO DE VIOLÍN


No local de Cántigas da Terra, o 31 de marzo, participaron compoñentes do noso grupo de violín en colaboración co grupo Xebre nun concerto de violín tradicional.

CONCERTO DE MÚSICA TRADICIONAL


A nosa banda de gaitas encabezou este concerto o sábado 30 de marzo no Centro Social Sagrada Familia de A Coruña.

Tamén actuaron a A.C. O Son do Castro e o grupo de música tradicional A Rexouba.

FESTA DE ENTROIDO DE

"OS SOBRAOS”


O sábado 16 de marzo no pavillón da antiga E.E.I. de Carnoedo os compañeiros de “Os Sobraos” invitáronos a tocar unhas pezas para tódolos asistentes da festa.

COCIDO DE QUEIROA

O día 9 de marzo no Restaurante “A Xeitosiña” celebramos o noso cocido de Entroido con amigos e familiares. Volvemos a vernos para o ano que vén!

XXXIV FESTA DA FILLOA DE SADA


O martes 5 de marzo, na Festa da Filloa de Sada, botámoslle unhas pezas na carpa ó carón do edificio de “A Terraza” mentres a “filloeira de Lestedo” traballaba arreo.

RIBEIRAS DE SALITRE


Na tardiña do 26 de febreiro as cantareiras de Arnela participaron na gravación do programa “Ribeiras de Salitre” que se emite os domingos na TVG.

I CAMPAMENTO DE VIOLÍNS DE QUEIROA


O sábado 23 de febreiro o grupo de violín, composto por máis dunha ducia de rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os seis e os doce anos, participaron nunha xuntanza para ensaiar e tocar todos xuntos.
Por suposto, non faltou un bo xantar e xogos para os tódolos asistentes.